Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

Páxina 2 de 8,  75 contidos

miércoles, 29 de marzo de 2017

O CENTRAD da Deputación acolle por primeira vez en Galicia unha exposición lúdico-cultural de plastilina dirixida aos cativos da provincia

O CENTRAD da Deputación acolle por primeira vez en Galicia unha exposición lúdico-cultural de plastilina dirixida aos cativos da provincia

- Trátase de Plastihistoria da Ciencia, a exposición da Fundación Educa que conta con 20 escenas elaboradas integramente por plastilina nas que se recollen momentos históricos e descubrimentos de todas as disciplinas da ciencia
- García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos para os pequenos unha programación, totalmente gratuíta, co fin de que adquiran novos coñecementos nun entorno lúdico que estimule súa aprendizaxe”
- A mostra estará exposta en abril, maio e xuño cun horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta. Os centros educativos interesados en realizar unha visita guiada á exposición e aos obradoiros deberán chamar ao 982 210 066

Ler máis...

martes, 21 de marzo de 2017

Mañá abre o prazo para participar nos 3 roteiros a obradoiros artesáns que organiza a Deputación

Mañá abre o prazo para participar nos 3 roteiros a obradoiros artesáns que organiza a Deputación

- Trátase  da iniciativa do Goberno Provincial ofrece visitas a obradoiros de artesáns por toda a provincia durante o 31 de marzo, 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía
- Os interesados teñen ata o 29 de marzo para enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org indicando os seus datos: nome, DNI, número de teléfono e a ruta que quere facer
- Para a ruta pola cidade de Lugo hai dispoñibles 82 prazas, e para as da Mariña e o Sur, 42 cada unha. A selección de participantes farase por rigoroso orden de inscrición
- Ademais haberá xornadas de portas abertas durante eses días no Centro de Artesanía e Deseño. O horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Ler máis...

lunes, 27 de febrero de 2017

O Goberno da Deputación leva á Capela de Santa María 5 concertos de música gratuítos co novo MusicAD

O Goberno da Deputación leva á Capela de Santa María 5 concertos de música gratuítos co novo MusicAD
- A Deputada de Cultura presentou este venres a nova edición do MusicAD, a programación musical de primeiro nivel que ofrece o Goberno provincial en Marzo
- Os concertos serán o 4, 8, 11, 18 e 25 de marzo. Todas as actuacións terán lugar na sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta
- Actuarán a violonchelista Rosa Cedrón, o grupo Batuka Batuko, o compositor Xosé Manuel Budiño, os galeses Allaw e o dúo formado por Davide Salvado e Pedro Pascual
- Ata o 26 de marzo estará exposta a colección fotográfica Outras Miradas da artista Alex F. Romero, na Capela de Santa María, que complementa a programación musical

Ler máis...

viernes, 10 de febrero de 2017

A Deputación presenta Cancioneiro Antropolóxico, Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor de Xosé Lois Foxo

A Deputación presenta Cancioneiro Antropolóxico, Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor de Xosé Lois Foxo

- Esta obra é un resume do extenso traballo de recollida do autor a máis de 300 persoas da comarca que lle transmitiron as cantigas que forman parte da tradición oral
- Rivera Capón sinalou que “este libro contribúe á divulgación e recuperación do noso patrimonio inmaterial, pois déixanos un legado incuestionable a prol da nosa cultura”
- Durante a presentación, a cantora de seitura e veciña de Quiroga, Argentina Rodríguez Pardo, interpretou varias cantigas que están incluídas dentro do libro

Ler máis...

miércoles, 30 de noviembre de 2016

A Capela de Santa María acolle máis de 50 xoias, con Tesouros do Mar e da Terra, a mostra do CENTRAD da Deputación

A Capela de Santa María acolle máis de 50 xoias, con Tesouros do Mar e da Terra, a mostra do CENTRAD da Deputación
- O Presidente da Deputación inaugurou a colección do artista lucense Oscar Rodríguez que estará exposta ata o 28 de decembro na Capela de Santa María
- Campos Conde subliñou que “é de xustiza, valorar e recoñecer a labor deste xoieiro, pois o seu traballo diario mantén vivo un dos oficios tradicionais que caracterizan a nosa cultura”
- Tesouros do Mar e da Terra é unha colección de 53 pezas de ouro, diamantes ou pedras preciosas, exquisitas, de gran calidade técnica, innovadoras e versátiles
- Horario: de luns a venres de 10:30  a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é gratuíta

Ler máis...

martes, 4 de octubre de 2016

25 artesáns de toda Galicia participarán dende hoxe ata o 12 de outubro no ArteSanFroilán da Deputación

25 artesáns de toda Galicia participarán dende hoxe ata o 12 de outubro no ArteSanFroilán da Deputación

- Santos Ramos subliñou que “o ArteSanFroilán é unha oportunidade única para promocionar a riqueza artesá da nosa provincia, dentro e fóra das nosas fronteiras”
- Nesta edición, participarán 25 artesáns que amosarán os seus traballos en marroquinería, bixutería, coitelería, xoiería, pintura ou escultura, entre outras
- Esta mostra, que ten lugar na Praza Anxo Fernández Gómez de Lugo, poderase desfrutar de balde nun horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas

Ler máis...

martes, 6 de septiembre de 2016

Hoxe abre o prazo de solicitude ata o 12 de setembro para participar no ArteSanFroilán 2016

- Na www.deputacionlugo.gal hai un banner con toda a información e documentación necesaria para os artesáns. O prazo é ata o 12 de setembro inclusive
- Prímanse aos profesionais que innoven e utilicen materias primas autóctonas. Tamén as pezas de calidade, coherencia e valor simbólico
- Teñen preferencia os artesáns da provincia de Lugo e valorase positivamente que os seus obradoiros estean abertos para visitas guiadas, actividades divulgativas e de formación
- A mostra desenvolverase na praza Anxo Fernández Gómez do 4 ao 12 de outubro. Os horarios serán de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas

Ler máis...

martes, 6 de septiembre de 2016

A Deputación leva á Capela de Santa María 7 concertos de música clásica gratuítos

A Deputación leva á Capela de Santa María 7 concertos de música clásica gratuítos

- García Porto presentou este luns na aula do obradoiro de instrumentos musicais galegos do Centro de Artesanía, o IV MusicAD
- Cuarteto de clarinetes, dúo de violoncello e piano, dúo de laudes, cuarteto de corda, metais de Galicia e o grupo Ars Combinatoria serán os artistas desde ano
- Os concertos terán lugar na sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta

Ler máis...

Páxina 2 de 8,  75 contidos

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org