A Deputación arranca a aposta por converter a Capela nun espazo cultural referente en España con Soliloquios

É a obra nunca vista de Sergio Vega, fotógrafo de gran prestixio en España e noutros puntos de Europa que foi premiado coa “Mellor Foto do Mundo” ou co “Goya de fotografía”

Co fin de impulsar ó exterior os artistas da provincia e facer rendible o sector, a sala de exposicións acollerá a continuación a obra de deseño gráfico da lucense Laura Pernás

máis información

O CENTRAD leva hoxe ás rúas de San Cibrao un obradoiro gratuíto de cestaría coincidindo co Día do Turista

- Dende as 17:30 horas, dúas profesionais ensinarán a confeccionar cestos, empregando sinxelas técnicas para garantir a participación de centos nenos e maiores como en 2010

- A Deputación aproveita a afluencia de asistentes á festividade, que ademais conta co financiamento da institución, para por en valor os traballos tradicionais da provincia

máis información

Inaugurada a exposición “Modelos de Ulm 1953-1968” que Deputación e Sargadelos levan a Cervo

- A mostra enmárcase dentro dun convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial financia esta iniciativa e o Taller Internacional de Tendencias Cerámicas, ademais de participar na organización de ambas as dúas iniciativas xunto á ceramista

- Froito deste traballo conxunto, a sala de exposicións da antiga fábrica de Sargadelos acolle, por 1º vez en Galicia, o traballo do Ulm, unha escola alemaña considerada un referente no mundo por lograr a integración da artesanía no proceso industrial

máis información

Arranca hoxe a 40 edición do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos 2011

A Deputación, a través do CENTRAD, converte a Cervo na capital española da artesanía cun encontro no que, ata o 24 de agosto, participarán deseñadores de todo o mundo

A Vicepresidenta Segunda inaugurará este xoves, 4 de agosto, a mostra “Modelos de Ulm 1953-1968” que acollerá a sala de exposicións da antiga fábrica de fundición de Sargadelos

máis información

Aberto o prazo para participar en Artesanfroilán

- Todos os artesáns interesados poden consultar as bases do concurso e descargar o formulario de inscrición dende hoxe na páxina web www.centrad.org

- Estes profesionais deberán entregar a documentación requirida antes do 21 de agosto para poder expor os seus produtos dende o 5 ó 12 de outubro, durante as patronais da capital lucense, na céntrica praza Anxo Fernández Gómez

- Ó volume de negocio, próximo ós 100.000 euros en 2010, fai que o número de solicitantes vaia en aumento. Na última convocatoria incrementouse nun 40%

máis información

15 persoas optan ás primeiras becas de artesanía e deseño da provincia

A Deputación publicou este mércores, tanto no taboleiro de anuncios do INLUDES como na web www.centrad.org, os admitidos na selección das 5 bolsas de estudos, dotadas de 12.000 euros cada unha, e dun ano de duración.

máis información

Arrancan os obradoiros de primavera do CENTRAD, nos que están inscritas 420 persoas

A solicitude de prazas aínda pode facerse nas instalacións do centro ou ben na páxina web www.centrad.org, pois quedan vacantes en 10 dos 31 cursos ofertados.

As xornadas que comezaron este mércores mostran como preparar a madeira para facer cestos e desenvolveranse hasta o domingo.

máis información

LISTADOS DE ADMITIDOS Y EXCLUIDOS PARA PARTICIPAR EN EL PROCEDIMIENTO DE CONCESIÓN DE AYUDAS DESTINADAS A LA I EDICIÓN DEL PROGRAMA DE BECAS PARA EL DESARROLLO DE LA ARTESANÍA Y EL DISEÑO, OTORGADAS POR EL EL CENTRO DE ARTESANÍA Y DISEÑO

máis información

Obradoiro de Cestaría

Ubicado no espectacular Paseo do río Rato, nun vello muiño restaurado, o Obradoiro de Cestaría do Centrad é un referente nesta actividade a nivel internacional.

máis información

Instrumentos Musicais

Exposición permanente de Instrumentos de Música Tradicional Galega. Merece especial atención a colección de zanfonas, un instrumento que se recuperou para a cultura galega grazas á actividade do Centrad.

máis información






Obradoiro do Traxe Tradicional

Falar do obradoiro do traxe rexional é falar de conservación, protección e promoción da rica tradición que o traxe rexional ten na nosa comunidade autónoma.

Biblioteca

A biblioteca do Centro de Artesanía e Deseño é un servizo que proporciona a información documental necesaria para servir de ferramenta indispensable no ámbito do estudo e investigación, a docencia e o asesoramento nos distintos sectores.

Obradoiro do Libro

A conservación de documentos e a encadernación de libros sempre foi unha necesidade obrigada en todas as épocas da historia, incluído hoxe en día.






ESPAÑOL | GALLEGO | ENGLISH
Deputacion de Lugo INLUDES Centro de Artesanía y Diseño
Travesía da Rua Chantada S/n. Lugo, 27004
Teléfono: 982.21.00.66
centrad@centrad.org