Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

Inaugurada  a mostra de artesanía ‘FEIREANDO…polo Nadal’

Xosé Ferreiro sinalou que “con FEIREANDO queremos poñer en valor o traballo das e dos nosos artesáns e as tradicións artesanais galegas, como parte importante da nosa cultura.”

Inaugurada  a mostra de artesanía ‘FEIREANDO…polo Nadal’

Lugo, 22 de decembro do 2015.-  Un total de 9 postos de artesanía participan na mostra de artesanía “FEIREANDO…polo Nadal”, organizada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e que estará situada na Praza de San Marcos desde hoxe, 22 de decembro, ata o 5 de xaneiro de 2016. Poderán visitarse durante todo o Nadal en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas (a excepción dos festivos do 25 de decembro e 1 de xaneiro, que permanecerá pechada)

A inauguración de “FEIREANDO…polo Nadal” tivo lugar esta mañá, e na mesma participou o Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, xunto coas artesás e artesáns presentes na mostra. Así mesmo, a apertura da mostra foi amenizada pola música e voces de Branca Villares e Pablo Pintor.

O Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, expresou que “con esta mostra queremos poñer en valor o traballo das e dos artesáns da nosa provincia ao tempo que valoramos a artesanía como unha parte importante da nosa cultura”

Ferreiro destacou tamén “o traballo inxente que desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo estamos a realizar para sacar adiante, en tempo record, unha actividade cultural completa e moi variada encamiñada a que todo o mundo poida desfrutar da cultura galega, tamén nestas datas de Nadal” dixo.

Completarán as actividades de ‘FEIREANDO’ as demostracións de artesanía que realizarán os propios artesáns e artesás, que terán lugar os mércores e sábados ás 17 horas. Así mesmo, haberá tamén actividades para animar esta mostra da artesanía como a realizada co espectáculo “Rodesindo da Barrosa. O Afiador” de Pepe Penabade, que se desenvolverá ao longo do día de hoxe nun pase de mañá e noutro de tarde, e tamén o 28 de decembro ás 17:30 horas animará ‘FEIREANDO’ o Cé Orquestra Pantasma.

Enlaces Adicionales

Imágenes

Inaugurada  a mostra de artesanía ‘FEIREANDO…polo Nadal’

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org