Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

A Capela de Santa María acolle este sábado o concerto de La Belemont dentro da programación da XLIII Semana de Música do Corpus

Este espectáculo musical terá lugar o sábado a partir das 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta

A Capela de Santa María, dependente da Deputación, acollerá o vindeiro sábado a partir das 20:30 horas o concerto gratuíto de La Belemont, un grupo fascinado polo repertorio barroco francés. Trátase dunha actuación musical enmarcada dentro da programación da XLIII Semana de Música do Corpus, unha das citas culturais máis importantes de Lugo, que reúne na cidade aos mellores grupos de música sacra nos mellores espazos, como por exemplo o Círculos das Artes, a Casa do Saber, o Cemiterio de San Froilán ou a Capela.

La Belemont nace no 2007 da unión de Sara Ruiz, Rafael Muñoz e Laura Puerto, tres músicos de viola de gamba, arquilaúde e tiorba, e órgano, respectivamente; que buscaban un son con identidade. O seu segundo disco Plaisir sacré, sae á luz recentemente tras o éxito do seu primeiro traballo, La voix de la viole, que acadou como distincións cinco diapasóns (revista Diapasón) e catro estrelas da revista Classica. Este segundo disco, dedicado aos motetes de François Couperin, inclúe pezas como Venite exultemus Domino, Regina coeli laetare ou Audiam quid loquator que serán interpretadas no concerto deste sábado.

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org