Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

A Deputación homenaxea a Enriqueta Otero, a última guerrilleira de Galicia, cunha exposición na Capela de Santa María

- Tres veces mestra. Enriqueta na escola recolle a traxectoria desta luguesa, feminista e activista, mestra de profesión, que loitou polos dereitos das mulleres e por unha educación pública; a través de libros e publicacións. Tamén inclúe a recreación dunha escola
- A mostra poderá visitarse ata o 24 de maio, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta

A Deputación homenaxea a Enriqueta Otero, a última guerrilleira de Galicia, cunha exposición na Capela de Santa María

A Capela de Santa María estreou este xoves a exposición Tres veces mestra. Enriqueta na escola, unha mostra coa que a Deputación de Lugo homenaxea á luguesa Enriqueta Otero, a última guerrilleira de Galicia.

Enriqueta Otero, tamén coñecida como María das Dores, a Pasionaria Lucense ou a Guerilleira Viva, como lle gustaba que a recoñeceran, representa a valentía e o compromiso, e así se reflexa na exposición, na que se reivindica o papel da muller na guerrilla, a miúdo olvidado, sen embargo fundamental.

A mostra Tres veces mestra. Enriqueta na escola, recolle a traxectoria desta luguesa, feminista e activista, mestra de profesión, que loitou polos dereitos das mulleres e por unha educación pública, a través de libros e publicacións. Datas, formación, destinos escolares, a vida en clandestinidade e a súa condena son algunhas das etapas da vida de Enriqueta Otero que se reflexan nesta exposición, que conmemora a traxectoria dunha das mestras máis antigas, xa que comezou exercendo reinando Alfonso XIII. A mostra tamén inclúe a recreación dunha escola de época así como unha reprodución do Carriño, un proxecto cultural impulsado por Otero, que ela adoitaba denominar como a Universidade Popular de Lugo.

Horarios da exposición
Tres veces mestra. Enriqueta na escola poderase visitar ata o 24 de maio, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org