Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

Máis de 800 persoas coñeceron os Traballos realizados no CENTRAD grazas á mostra Coas nosas mans, que acolleu a Capela de Santa María

- Esta exposición de acceso gratuíto, reuniu máis de 50 pezas elaboradas polos mestres dos 6 obradoiros do centro de artesanía e polos seus alumnos
- Entre as pezas que se exhibiron atopábanse mobles medievais, instrumentos musicais recuperados, encuadernacións, xogos de madeira e traxes tradicionais e de época

Máis de 800 persoas coñeceron os Traballos realizados no CENTRAD grazas á mostra Coas nosas mans, que acolleu durante un mes a Capela de Santa María. Esta exposición multidisciplinar e de acceso gratuíto, reuniu máis de 50 pezas artísticas elaboradas artesanalmente polos mestres dos 6 obradoiros do CENTRAD –moble artesán, arquivo e documentación musical, traxe tradicional, libro, tapizaría e cestaría- e os seus alumnos nos últimos anos.

Trátase dunha mostra que revelou o traballo que se desenvolve nos talleres de elaboración propia do Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, e dos seus artesáns en prol da conservación, protección e promoción do sector da artesanía.

Medio centenar de pezas confeccionadas en 6 obradoiros
Coa mostra Coas nosas mans. Traballos realizados no CENTRAD, a institución provincial reúne e recompila os traballos realizados nos últimos anos nos 6 obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño en mans dos mestres de cada taller e dos seus alumnos. Entre as pezas que se puideron ver na exposición atopábanse o barguenho das Santas, un moble medieval con debuxos de mulleres espidas, pintado por Murado, quen exhibiu as súas esculturas, pinturas e mobiliario fai uns meses na Capela de Santa María; unha árbore de vimbio, instrumentos musicais recuperados, como a zanfona ou unha arpa; encadernacións, o tradicional xogo da rá tallado en madeira ou un traxe romano, inspirado nas chamadas togas pictas, de cor púrpura, empregado nun principio polos xenerais do exército romano, que logo adoptaron algúns emperadores, que luciu o propio presidente da Deputación este pasado Arde Lucus.

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org