Deputación de Lugo

Artesáns

Artesáns

ver Artesáns

Obradoiros

Obradoiros

ver Obradoiros

Exposicións e eventos

Exposicións e eventos

ver Exposicións e eventos

Biblioteca

Biblioteca

ver Biblioteca

Cursos Formación Obradoiros Artesáns 2014 III MERCADO DE NADAL “MERCA O TEU

Actualidade

martes, 16 de diciembre de 2014

28 artistas galegos ilustran os versos de “Cantares Gallegos” na nova mostra que acolle a Capela de Santa María

28 artistas galegos ilustran os versos de “Cantares Gallegos” na nova mostra que acolle a Capela de Santa María

- Regina Polín inaugurou esta exposición, de máis dunha trintena de pezas, coa que a Deputación rende homenaxe á literatura galega e a “unha autora que escribía dende a morriña”
- Entre as ilustracións que se exhiben atópanse creacións que emulan as estrofas de Has de Cantar, Adiós, ríos; adiós, fontes ou Como chove miudiño
- A mostra poderase visitar ata o 11 de xaneiro, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta

Ler máis...

martes, 9 de diciembre de 2014

Máis de 800 persoas coñeceron os Traballos realizados no CENTRAD grazas á mostra Coas nosas mans, que acolleu a Capela de Santa María

- Esta exposición de acceso gratuíto, reuniu máis de 50 pezas elaboradas polos mestres dos 6 obradoiros do centro de artesanía e polos seus alumnos
- Entre as pezas que se exhibiron atopábanse mobles medievais, instrumentos musicais recuperados, encuadernacións, xogos de madeira e traxes tradicionais e de época

Ler máis...

sábado, 29 de noviembre de 2014

Unhas 1.500 persoas descubriron a arte da panadería romana na mostra que acolleu o CENTRAD

Unhas 1.500 persoas descubriron a arte da panadería romana na mostra que acolleu o CENTRAD

A exposición Panem Romanorum reuniu, por 1ª vez en Galicia, medio cento de pezas relacionadas coa arte da elaboración do pan romano

Ler máis...

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Deputación e Concello homenaxean ás vítimas de violencia de xénero coa inauguración da escultura “O voo das bolboretas”

Deputación e Concello homenaxean ás vítimas de violencia de xénero coa inauguración da escultura “O voo das bolboretas”

- Gómez Besteiro participou nos actos de condena da violencia machista “a manifestación máis terrible da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na actualidade na nosa sociedade”
- “O voo das bolboretas”, de Luz Darriba e Xavier Quijada, conxuga a fraxilidade destes lepidópteros e a forza da pedra para amosar un voo de liberación que deslexitime todo tipo de violencia contra as mulleres
- Unha performance, o testemuño dunha muller vítima desta lacra e actuacións musicais foron algúns dos actos celebrados no xardín do antigo INLUDES

Ler máis...

jueves, 20 de noviembre de 2014

90 cativos converteranse en pequenos artesáns durante o Nadal cos novos obradoiros que organiza o CENTRAD

90 cativos converteranse en pequenos artesáns durante o Nadal cos novos obradoiros que organiza o CENTRAD

- Regina Polín presentou hoxe esta programación, que ofrece un total de 90 prazas gratuítas en 6 obradoiros repartidos en dúas quendas: 22, 23 e 26 de decembro a primeira, e os días 29 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro, a segunda
- Os talleres, impartidos polos mestres dos obradoiros do CENTRAD, están dirixidos a nenos de 5 a 15 anos e desenvolveranse de 09:00 a 14:00 horas
- A inscrición poderá facerse a partir do vindeiro luns 24 de novembro. O formulario terá que entregarse no Rexistro Xeral da Deputación ata o 3 de decembro. O modelo de solicitude estará dispoñible a partir de luns en www.deputacionlugo.gal

Ler máis...

VER MÁIS NOVAS

Calendario de Eventos

Axenda

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org