Páxina 7 de 8, 75 contidos
lunes, 22 de diciembre de 2014
- Gómez Besteiro inaugurou o certame, que conta con 12 casetas nas que os lugueses e visitantes poderán adquirir produtos agroalimentarios e de artesanía. A praza tamén acollerá unha caseta de información e outra do CENTRAD
- O mercado, cuxa facturación nas pasadas convocatorias acadou os 25.000 euros, inclúe tamén demostracións en vivo para todos os públicos e sorteos diarios
- Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro, agás os días festivos, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. Os días 24 e 31 de decembro o horario de tarde será de 16:30 a 18:30 horas
martes, 16 de diciembre de 2014
- Regina Polín inaugurou esta exposición, de máis dunha trintena de pezas, coa que a Deputación rende homenaxe á literatura galega e a “unha autora que escribía dende a morriña”
- Entre as ilustracións que se exhiben atópanse creacións que emulan as estrofas de Has de Cantar, Adiós, ríos; adiós, fontes ou Como chove miudiño
- A mostra poderase visitar ata o 11 de xaneiro, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta
martes, 9 de diciembre de 2014
- Esta exposición de acceso gratuíto, reuniu máis de 50 pezas elaboradas polos mestres dos 6 obradoiros do centro de artesanía e polos seus alumnos
- Entre as pezas que se exhibiron atopábanse mobles medievais, instrumentos musicais recuperados, encuadernacións, xogos de madeira e traxes tradicionais e de época
sábado, 29 de noviembre de 2014
A exposición Panem Romanorum reuniu, por 1ª vez en Galicia, medio cento de pezas relacionadas coa arte da elaboración do pan romano
miércoles, 26 de noviembre de 2014
- Gómez Besteiro participou nos actos de condena da violencia machista “a manifestación máis terrible da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na actualidade na nosa sociedade”
- “O voo das bolboretas”, de Luz Darriba e Xavier Quijada, conxuga a fraxilidade destes lepidópteros e a forza da pedra para amosar un voo de liberación que deslexitime todo tipo de violencia contra as mulleres
- Unha performance, o testemuño dunha muller vítima desta lacra e actuacións musicais foron algúns dos actos celebrados no xardín do antigo INLUDES
jueves, 20 de noviembre de 2014
- Regina Polín presentou hoxe esta programación, que ofrece un total de 90 prazas gratuítas en 6 obradoiros repartidos en dúas quendas: 22, 23 e 26 de decembro a primeira, e os días 29 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro, a segunda
- Os talleres, impartidos polos mestres dos obradoiros do CENTRAD, están dirixidos a nenos de 5 a 15 anos e desenvolveranse de 09:00 a 14:00 horas
- A inscrición poderá facerse a partir do vindeiro luns 24 de novembro. O formulario terá que entregarse no Rexistro Xeral da Deputación ata o 3 de decembro. O modelo de solicitude estará dispoñible a partir de luns en www.deputacionlugo.gal
martes, 18 de noviembre de 2014
- Os artesáns e/ou produtores interesados xa poden presentar as súas solicitudes. As instancias terán que entregarse no Rexistro Xeral da Deputación ou por correo ordinario ata o 2 de decembro. O modelo de solicitude está dispoñible en www.deputacionlugo.gal
- O III Mercado de Nadal contará con 12 casetas para os profesionais da provincia tendo preferencia aqueles que estean adheridos á plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com. Poderase participar de xeito individual ou conxunto
- “Merca o teu” é un mercado de participación gratuíta para os profesionais, cuxa facturación nas pasadas convocatorias ascende a 25.000 euros
viernes, 7 de noviembre de 2014
- Gómez Besteiro inaugurou a mostra que acolle a Igrexa de Santa María do Real, un dos monumentos máis antigos da ruta xacobea, onde se reúnen 40 pezas históricas que ofrecen unha completa visión da orde franciscana na historia e arte galegas
- A mostra, de acceso gratuíto, permanecerá aberta ata o 8 de decembro en horario ininterrompido de 09:00 a 19:00 horas de luns a domingo. Logo, trasladarase á Hospedaría de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela dende o 12 ao 28 de decembro
viernes, 14 de noviembre de 2014
- Regina Polín inaugurou estra mostra, que amosa máis de 50 pezas elaboradas polos mestres dos 6 obradoiros do centro de artesanía e polos seus alumnos
- Entre as pezas que se exhiben destacan mobles medievais, instrumentos musicais recuperados, encuadernacións, xogos de madeira e traxes tradicionais e de época
- A exposición poderase visitar ata o 9 de decembro, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta
martes, 11 de noviembre de 2014
Páxina 7 de 8, 75 contidos