Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

Página 5 de 8,  75 contenidos

viernes, 17 de abril de 2015

Solidariedade e deseño na exitosa Gala Lvcvs Moda 2015 que reuniu a máis de 500 persoas no Círculo das Artes

Solidariedade e deseño na exitosa Gala Lvcvs Moda 2015 que reuniu a máis de 500 persoas no Círculo das Artes

- A 6ª edición do desfile de moda dedicado á Mariña e presentado pola actriz galega Mariana Expósito, permitiu recadar preto de 10.000 euros que se entregarán nos próximos días ao Fogar do Transeúnte
- O evento fixo de escaparate dos 6 deseñadores, 16 firmas de artesanía e 9 peluquerías grazas á ampla cobertura dos medios de comunicación e ao traballo dos profesionais da Fundación TIC e dos alumnos da Escola de Imaxe e Son
- As mellores imaxes dos modelos presentados en coleccións sorprendentes e innovadoras, as fotografías do concorrido photocall e o vídeo íntegro da Gala, poderanse ver proximamente na web www.deputacionlugo.gal

Leer más...

lunes, 13 de abril de 2015

A Mariña Lucense, protagonista da sexta edición da Gala Lvcvs Moda

A Mariña Lucense, protagonista da sexta edición da Gala Lvcvs Moda

- Lara Méndez e Regina Polín, acompañadas de Eduardo Souto, presentaron a Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebrará o vindeiro 16 de abril ás 21:00 horas no Círculo das Artes. A recadación das entradas destinarase integramente ao Fogar do Transeúnte
- 6 deseñadores, 16 firmas de artesanía, 9 peluquerías estarán presentes nunha gala que será novamente gravada polos alumnos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC
- As entradas poden adquirirse, dende hoxe e ata que se esgoten, nos establecementos de deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros

Leer más...

lunes, 23 de marzo de 2015

A música e a historia do coro lucense Cántigas e Aturuxos, protagonistas da nova exposición do CENTRAD

A música e a historia do coro lucense Cántigas e Aturuxos, protagonistas da nova exposición do CENTRAD

- Regina Polín inaugurou Primeiras Gravacións Lucenses. Cántigas e Aturuxos 1918, unha mostra de entrada gratuíta sobre “o coro que marcou a historia musical e cultural, non só da cidade de Lugo, senón de toda a provincia”
- Composta por actas fundacionais, partituras, discos de gramófono, contratos discográficos, fotografías e recompilacións de aparicións en prensa, a mostra permanecerá aberta ata o 22 de abril no pavillón 4 do CENTRAD de luns a venres, de 09:00 a 19:00 horas
- O vindeiro sábado actuará Cántigas e Frores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos ás 19:00 horas. Os concertos de coros xunto a esta exposición e a publicación dun libro son os actos programados en homenaxe a esta agrupación musical polo seu centenario

Leer más...

jueves, 19 de marzo de 2015

Obradoiros gratuítos de cociña e scrapbooking agardan aos máis cativos esta Semana Santa no CENTRAD

Obradoiros gratuítos de cociña e scrapbooking agardan aos máis cativos esta Semana Santa no CENTRAD
- Regina Polín presentou a programación, que ofrece 45 prazas gratuítas para nenos de 5 a 13 anos, e que se desenvolverá o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril, de 09:00 a 14: 00 horas, nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño
- A inscrición poderá facerse a partir dende mañá e ata o día 25. O formulario de solicitude, dispoñible en www.deputacionlugo.gal, debe entregarse no Rexistro Xeral da Deputación

Leer más...

martes, 17 de marzo de 2015

Hórreos, cabozos e esculturas de pedra, madeira e ferro na nova exposición que estreou esta tarde o CENTRAD

Hórreos, cabozos e esculturas de pedra, madeira e ferro na nova exposición que estreou esta tarde o CENTRAD
- Lara Méndez inaugurou a mostra Meiregos, que reúne unha trintena de pezas dos artistas lugueses Manuel Pardo López e Xesús Villamide Díaz
- A exposición permanecerá aberta ata o 30 de abril no pavillón 4 do CENTRAD no horario habitual: de luns a venres, de 09:00 a 19:00 horas. A entrada é gratuíta

Leer más...

martes, 17 de marzo de 2015

A Deputación promove os hábitos saudables apoiando o primeiro salón Lugo Elixe Saúde

A Deputación promove os hábitos saudables apoiando o primeiro salón Lugo Elixe Saúde
- A Praza de San Marcos acolle esta fin de semana o encontro, inaugurado esta mañá por Gómez Besteiro, Lara Méndez e os presidentes do Grupo El Progreso e dos colexios oficiais de Farmacéuticos, Enfermería e Médicos de Lugo
- Os lucenses poderán coñecer hábitos preventivos e do uso correcto de medicamentos nunha cita que inclúe ademais tres conferencias de expertos no Salón de Actos provincial
- No acto de hoxe presentouse tamén un libro de tamaño xigante, cunha encadernación de madeira realizada polo CENTRAD, que recolle unha serie de monográficos divulgativos sobre as enfermidades máis predominantes

Leer más...

jueves, 12 de marzo de 2015

O CENTRAD desvela os segredos dos oficios tradicionais en 12 novos obradoiros con 146 prazas

O CENTRAD desvela os segredos dos oficios tradicionais en 12 novos obradoiros con 146 prazas

- Regina Polín avanzou a nova programación que se desenvolverá ata o 27 de xuño na Fundación TIC, no Hospital de Día de Saúde Mental e nos Concellos de Bóveda, Lourenzá, Cevantes, Becerreá, O Incio, Viveiro, Abadín, Ribadeo e A Fonsagrada
- Os participantes aprenderán e poderán familiarizarse coa tradición do tecido, a tapicería,  fotografía, cestería, tala e torneado de madeira, birimbao, arte visual, escaparatismo e fabricación de monicreques
- As inscricións poden facerse na páxina web www.centrad.org O prazo remata cinco días antes da data de comezo de cada obradoiro

Leer más...

viernes, 6 de marzo de 2015

Arte ritual creada por mulleres na nova mostra da Capela de Santa María

 Arte ritual creada por mulleres na nova mostra da Capela de Santa María

- Lara Méndez e Regina Polín inauguraron a exposición Rituais. Artistas Mulleres en Primeira Persoa, que reúne unha vintena de obras multidisciplinares de 10 artistas galegas
- Poderá visitarse ata o 5 de abril, de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e as fins de semana, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é gratuíta

Leer más...

miércoles, 4 de marzo de 2015

A Deputación conmemora o centenario do coro lucense Cántigas e Aturuxos, o primeiro en gravar o Himno Galego

A Deputación conmemora o centenario do coro lucense Cántigas e Aturuxos, o primeiro en gravar o Himno Galego

- Regina Polín presentou os actos de recoñecemento ao “coro máis importante e participativo da época, e da historia da cidade de Lugo”. Desexou que a súa música “non caia no esquecemento e siga vixente a súa memoria musical lucense e galeguista”
- Entre os actos programados para esta homenaxe inclúese a publicación dun libro de Ramón González González, a actuación de coros históricos no Salón de Actos da Deputación e unha exposición que acollerá o CENTRAD

Leer más...

martes, 3 de marzo de 2015

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia
Coa exposición Mans de Ferro, que reuniu unhas 150 pezas de 31 ferreiros lucenses, a Deputación rendeulle homenaxe a un oficio "que pode ofrecer moitas alternativas de futuro"

Leer más...

Página 5 de 8,  75 contenidos

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org