Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

Páxina 1 de 8,  73 contidos

viernes, 7 de julio de 2017

Aberto o prazo de solicitude ata o 27 de xullo para participar no ArteSanFroilán 2017 do Goberno da Deputación

Aberto o prazo de solicitude ata o 27 de xullo para participar no ArteSanFroilán 2017 do Goberno da Deputación

- Na www.deputacionlugo.gal hai un banner con toda a información e documentación necesaria para os artesáns. O prazo é ata o 27 de xullo inclusive
- Puntuarase favorablemente a calidade e coherencia no uso de técnicas, tecnoloxías, materiais, cores e tódolos compoñentes do proceso de elaboración das pezas
- Valorarase a utilización de materias primas autóctonas, a innovación e o uso das tecnoloxías de información. Tamén se terá en conta a antigüidade da Carta de Artesá e se o obradoiro está inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
- A mostra desenvolverase na praza Anxo Fernández Gómez do 30 de setembro ao 15 de outubro. Os horarios serán de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas

Ler máis...

viernes, 7 de julio de 2017

Máis de 800 rapaces poderán participar este verán nas actividades culturais do Goberno da Deputación na provincia

Máis de 800 rapaces poderán participar este verán nas actividades culturais do Goberno da Deputación na provincia

- O Presidente presentou este martes Actividades infantís e xuvenís de verán, a programación gratuíta, que inclúe un campamento de teatro urbano e 46 obradoiros sobre distintas disciplinas culturais
- Está dirixida a rapaces de 7 a 16 anos. Desenvolverase nas rúas da capital lucense, nas instalacións do CENTRAD e nos 4 Museos da Rede Museística en Lugo, Cervo, Friol e Monforte de Lemos
- En www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado para consultar toda a información sobre a programación e as inscricións

Ler máis...

martes, 13 de junio de 2017

300 palilleiras amosarán o sábado en Lugo a súa arte en vivo co PalillAD da Deputación e Concello

300 palilleiras amosarán o sábado en Lugo a súa arte en vivo co PalillAD da Deputación e Concello

- O Presidente e a Alcaldesa presentaron a programación de actividades gratuítas que acolle a cidade lucense para poñer en valor este oficio e dinamizar a economía
- Por primeira vez, a capital acolle este sábado o encontro de palleiras de Galicia, Asturias e Castela León, que palillarán en vivo na Praza da Horta do Seminario. Haberá un mercado e menús especiais nos establecementos da zona
- A Capela de Santa María acollerá unha mostra sobre o encaixe moderno e será escenario de 6 obradoiros. As inscricións en info.centrad@deputacionlugo.org

Ler máis...

jueves, 11 de mayo de 2017

O Goberno da Deputación ofrece 71 obradoiros e demostracións de artesanía a Concellos e asociacións de toda a provincia

- O Executivo aprobou este venres en Xunta de Goberno Promoción da Artesanía 2017, co que financia con 35.000 euros os custos de 40 obradoiros e 31 demostracións
- Mañá publicaranse as bases no BOP e o luns abriranse dous prazos de inscrición: un para os artesáns interesados en impartir as actividades e outro para que municipios e colectivos de toda a provincia soliciten as mesmas
-  O Goberno da Deputación propón á Xunta a celebración na provincia de 2 novos obradoiros de emprego con formación remunerada para contribuír á inserción laboral de 32 mozos lucenses desempregados

Ler máis...

viernes, 5 de mayo de 2017

O Goberno da Deputación ofrece 12 prazas, gratuítas, para participar no Obradoiro de textil da artista Sara Coleman

O Goberno da Deputación ofrece 12 prazas, gratuítas, para participar no Obradoiro de textil da artista Sara Coleman

- Os interesados teñen dende o 8 ata o 13 de maio para enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org, indicando o nome, dirección, profesión e teléfono
- Os obradoiros, que se celebrarán o 20 e 21 de maio no CENTRAD,  están dirixidos a creativos de calquera das ramas relacionadas coa arte e o deseño que queiran desenvolver o seu traballo por medio de técnicas textis
- Ademais, a artista ten exposta ata o 28 de maio na Capela de Santa María a mostra URPHÄNOMEN, que afonda na relación entre a arte, o deseño textil e a arquitectura

Ler máis...

miércoles, 5 de abril de 2017

Máis de 80 persoas participaron nos roteiros por 16 obradoiros artesáns da provincia

Máis de 80 persoas participaron nos roteiros por 16 obradoiros artesáns da provincia

- Trátase  da iniciativa do Goberno Provincial coa que ofreceu a 83 persoas visitas a 16 obradoiros de artesáns por toda a provincia durante o 31 de marzo, 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía
- Este domingo, tivo lugar o roteiro pola zona Sur da provincia, no que participaron 30 persoas que visitaron Arxemil Luthier, a Feira de Antigüidades, o Pazo de Tor, a Rectoral Gundivós e Armaior
- Durante toda a fin de semana, o Centro de Artesanía e Deseño Durante ofreceu xornadas de portas abertas para coñecer as coleccións e os obradoiros que posúe

Ler máis...

viernes, 31 de marzo de 2017

Portas abertas no CENTRAD e 3 roteiros a obradoiros, actividades do Goberno da Deputación os Días Europeos da Artesanía

Portas abertas no CENTRAD e 3 roteiros a obradoiros, actividades do Goberno da Deputación os Días Europeos da Artesanía

- Trátase  da iniciativa do Goberno Provincial coa que ofrece visitas a obradoiros de artesáns por toda a provincia durante o 31 de marzo, 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía
- Este venres tivo lugar o roteiro pola zona Centro da provincia, no que os participantes visitaron Barro en Vivo, Traxandaina, Mi madre no lo sabe, Quercur, Pátina, Obradoiro Lis, Augatina e Amalgama
- Ademais hai xornadas de portas abertas durante os tres días no Centro de Artesanía e Deseño. O horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Ler máis...

miércoles, 29 de marzo de 2017

O CENTRAD da Deputación acolle por primeira vez en Galicia unha exposición lúdico-cultural de plastilina dirixida aos cativos da provincia

O CENTRAD da Deputación acolle por primeira vez en Galicia unha exposición lúdico-cultural de plastilina dirixida aos cativos da provincia

- Trátase de Plastihistoria da Ciencia, a exposición da Fundación Educa que conta con 20 escenas elaboradas integramente por plastilina nas que se recollen momentos históricos e descubrimentos de todas as disciplinas da ciencia
- García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación ofrecemos para os pequenos unha programación, totalmente gratuíta, co fin de que adquiran novos coñecementos nun entorno lúdico que estimule súa aprendizaxe”
- A mostra estará exposta en abril, maio e xuño cun horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta. Os centros educativos interesados en realizar unha visita guiada á exposición e aos obradoiros deberán chamar ao 982 210 066

Ler máis...

martes, 21 de marzo de 2017

Mañá abre o prazo para participar nos 3 roteiros a obradoiros artesáns que organiza a Deputación

Mañá abre o prazo para participar nos 3 roteiros a obradoiros artesáns que organiza a Deputación

- Trátase  da iniciativa do Goberno Provincial ofrece visitas a obradoiros de artesáns por toda a provincia durante o 31 de marzo, 1 e 2 de abril para celebrar os Días Europeos da Artesanía
- Os interesados teñen ata o 29 de marzo para enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org indicando os seus datos: nome, DNI, número de teléfono e a ruta que quere facer
- Para a ruta pola cidade de Lugo hai dispoñibles 82 prazas, e para as da Mariña e o Sur, 42 cada unha. A selección de participantes farase por rigoroso orden de inscrición
- Ademais haberá xornadas de portas abertas durante eses días no Centro de Artesanía e Deseño. O horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Ler máis...

Páxina 1 de 8,  73 contidos

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org