Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

O Goberno da Deputación ofrece 12 prazas, gratuítas, para participar no Obradoiro de textil da artista Sara Coleman

- Os interesados teñen dende o 8 ata o 13 de maio para enviar un correo a info.centrad@deputacionlugo.org, indicando o nome, dirección, profesión e teléfono
- Os obradoiros, que se celebrarán o 20 e 21 de maio no CENTRAD,  están dirixidos a creativos de calquera das ramas relacionadas coa arte e o deseño que queiran desenvolver o seu traballo por medio de técnicas textis
- Ademais, a artista ten exposta ata o 28 de maio na Capela de Santa María a mostra URPHÄNOMEN, que afonda na relación entre a arte, o deseño textil e a arquitectura

O Goberno da Deputación ofrece 12 prazas, gratuítas, para participar no Obradoiro de textil da artista Sara Coleman

O Goberno da Deputación ofrece 12 prazas para participar no Obradoiro de experimentación textil, impartido pola artista Sara Coleman, que se celebrará o 20 e 21 de maio no Centro de Artesanía e Deseño. O Executivo Provincial achega, totalmente gratis, esta formación que no mercado ten un custo de 300 euros por persoa. Os interesados poden realizar a súa inscrición dende o 8 ata o 13 de maio en info.centrad@deputacionlugo.org, indicando o nome, dirección, profesión e teléfono. A selección de participantes realizarase por rigoroso orde de solicitude. Este “workshop” complementa á mostra URPHÄNOMEN da artista, que está exposta ata o 28 de maio na Capela de Santa María.

Este obradoiro de experimentación textil está dirixido a creativos de calquera das ramas relacionadas coA arte e o deseño: deseñadores de moda, interioristas, escaparatistas, escenógrafos, artistas e artesáns que queiran desenvolver o seu traballo por medio de técnicas textis. Durante as dúas xornadas, os participantes poderán profundizar nas relacións entre a arte, o deseño e a arquitectura, e xerar unha nova visión no textil, sinalándoo como material creativo e sensitivo que abre un novo campo para a experimentación de técnicas e procesos, onde o textil se sitúa como nexo fundamental.

URPHÄNOMEN
A Capela de Santa María acolle a exposición URPHÄNOMEN de Sara Coleman, na que afonda nas relacións que se establecen entre corpo, materia e espazo; entendendo a arquitectura como proxección do corpo e o téxtil como interface, esta obra recolle as relacións que se dan entre o “hábito” e o “hábitat”. Xorde así un xogo no que a arquitectura convértese en corpo e o corpo en arquitectura, nunha simbiose corporal-arquitectónica, onde o material téxtil sitúase como membrana, como epidermis.

O horario da mostra é de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

Sara Martínez “Coleman”
Sara Martínez, máis coñecida por Sara Coleman, é técnica superior en Artes Plásticas e Estilismo de Indumentaria, Másters en Xestión de Moda, Experta Universitaria en Formación, Cultura e Xestión de Moda, e Ilustración Experimental na Central Saint Martins. Técnica en Patronaxe e Escalado Industrial, Deseñadora de Vestiario para Artes Escénicas e Grado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou obradoiros de investigación e experimentación en técnicas téxtiles con Kei Ito, Teresa Rosa Aguayo, Elisabeth Salgado. Ao longo da súa carreira profesional traballou como deseñadora e patronista para diversas empresas do sector téxtil como Roberto Verino, Bershka ou Gingo Biloba entre outras, ao mesmo tempo que realizaba colaboracións como deseñadora de vestiario para Artes Escénicas.

No ano 2007 fundou a súa propia marca de moda Sara Coleman Organic Desing e desde entón e ata o día de hoxe ven presentando as súas coleccións de moda na pasarela Mercedes Benz Fashion Week e outras feiras internacionais, incorporando asiduamente traballos e colaboracións con artesáns. Na actualidade colabora como docente e directora de proxectos fin de carreira en ESDEMGA (Escola de Estudios Superiores en deseño Téxtil e Moda de Galicia) da Universidade de Vigo, ao tempo que imparte conferencias e workshops sobre Creatividade, Deseño e Experimentación, e avanza no desenvolvemento de proxectos persoais no ámbito artístico centrada neste momento nas relacións entre a escultura e a arquitectura.

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org