Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

Máis de 200 persoas poderán participar nos cursos do CENTRAD

- Son un total de 26 cursos de xoiería, coiro, tear,restauración, cantaría, gravado, feltro, talla de madeira, hórreo, cestaría,deseño gráfico, cabanas, escultura e construción

- García Porto subliñou que “a través destes 26 cursosimpulsamos e promovemos a tradición artesanal da nosa provincia. Ademais estasactividades contan con máis de 1.000 horas de formación, e están dirixidos amáis de 200 persoas”.

- O prazo de inscrición abrirase mañá a partirdas 9:00 horas na www.centrad.org. Máis información no 982210066
Máis de 200 persoas poderán participar nos cursos do CENTRAD1

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar GarcíaPorto, presentou este xoves os

Obradoiros para adultos que ofrece o CENTRAD. Aprogramación consta de 26 cursos de coiro, tear, xoiería ou cestería entreoutras técnicas. Todas as persoas interesadas poderán inscribirse na páxina webdo CENTRAD. As inscricións abriranse mañá venres 19 a partir das 9:00 horas na www.centrad.org e realizaranse seguindo o rigoroso orde de solicitude. Máisinformación sobre prezos e horarios no 982210066.

García Porto subliñou que “a través destes 26 cursos impulsamose promovemos a tradición artesanal da nosa provincia. Ademais estas actividadescontan con máis de 1.000 horas de formación, e están dirixidos a máis de 200persoas”.

Todos os cursos estarán impartidos por artesánsprofesionais e expertos do sector, e terán lugar nos diferentes pavillóns doCENTRAD, e na aula do Río Rato. 

Programación

Do 1 ao 12 de setembro:

- Tear de baixo lizo: na Aular Telar (Pavillón 8). Horario: de luns a venresde 9:00 ás 14:00 h. Número de alumnos: 7 Prezo: 20 euros

Neste obradoiro de 40 horas realizarán proxectos paratecidos, técnicas básicas e montaxe da urdidora, o tafetá e os seus derivados,a sarxa e os seus derivados, ademais de confeccionar unha mostraxe, unhabufanda e un chal de liño.

- Deseño gráfico: na Aula Informática Inludes. Horario: de luns a venresde 16:00 a 20:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste curso de 40 horas os participantes posuirán unhaclara concepción da comunicación visual e os seus principais usos, coñecerán asteorías nas que se basea o campo do deseño gráfico, contarán cas principaisferramentas comunicativas, descubrirán o que lles permite facer os diferentesprogramas de deseño gráfico máis usados, tratarán as imaxes dixitais parafacelas máis atractivas e realizarán composicións gráficas como carteis oufolletos.

Do 3 de setembro ao 2 de outubro:

- Xoiería técnicas básicas: na Aula de xoiería (Pavillón 5). Horario: sábado de10:00 a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h, domingo de 10:00 a 14:00 h. Número dealumnos: 6 Prezo: 25 euros

Neste curso de 50 horas faise unha introdución nosprocedementos básicos de fabricación en ourivería e nas técnicas básicas decorte, soldeo, laminado, lixado de metal. Os participantes aprenderán a bocetarun deseño para a súa posterior fabricación no taller.

Do 5 ao 14 de setembro:

- Construción de hórreo de varas ou cabazo: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00ás 14:00 h. Número de alumnos: 8 Prezo: 20 euros

Neste curso de 40 horas farase unha breve introduciónhistórica deste elemento do patrimonio etnográfico galego, elaboración dohórreo tradicional tecido con varas e teito de colmo a partir dunha base demadeira cunha altura final aproximada dun metro. Os alumno deberán traer un setcon ferramentas básicas composto por: navalla, tesoiras de podar, un punzón eun flexómetro.

Do 5 ao 16 de setembro:

- Coiro construción de complementos: na Aula 2 (Pavillón 5). Horario: de luns a venres de10:00 a 14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste obradoiro de 40 horas os alumnos analizarán a brevehistoria do complemento de coiro, conceptos de deseño de complementos, diferentescoiros e os seus resultados. Ademais farán exercicios prácticos.

- Cantaría: noobradoiro cestaría do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.Número de alumnos: 10 Prezo: 25 euros

Neste obradoiro de 50 horas os participantes manexaránferramentas manuais e maquinaria con corte de disco, realizarán escalas demedicións, talla en granito, molduras, reconstruirán muros e diversas pezas engranito e a limpeza destas.

Do 12 ao 28 de setembro:

- Xoiería técnica de volume: na Aula de xoiería (Pavillón 5). Horario: de luns avenres de 16:00 ás 20:00 h. Número de alumnos: 6 Prezo: 26 euros

Neste taller de 52 horas faise unha introdución ao estudodo volume para elaboración de pezas a partir de formas planas. Os asistentesrealizarán pezas como resultado da experimentación e do estudo das formas.

Do 19 ao 23 de setembro:

- Iniciación á cestaría de vimbio: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00ás 14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 12,5 euros

Neste taller de 25 horas farase unha introduciónhistórica deste elemento do patrimonio etnográfico galego, introdución dasdiferentes técnicas empregadas para a elaboración destes cestos: paxes,canistrelos, cabazas. Unha destas pezas fabricarase ao longo do curso. Osalumnos deberán traer un set con ferramentas básicas composto de: navalla,tesoiras de podar, un punzón e un flexómetro

Do 19 ao 30 de setembro:

- Coiro técnicas de repuxado: na Aula 2 (Pavillón 5). Horario: de luns a venres de16:00 ás 20:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste curso de 40 horas faise unha introdución da historiados cordobáns e guardamecíes. Coiros de cabra e carneiro, moi lixeiros, suavese de alta calidade, propios para repuxados e estampacións, as técnicas para decoraro coiro como superficie, o gravado, o incisado, o modelado, o repuxado, obaleirado e os dourados analizaranse neste taller. Os participantes realizaránexercicios prácticos das diferentes técnicas.

Do 26 ao 30 de setembro:

- Cestaría de médula: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00 a14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 12,5 euros

Neste curso de 25 horas os alumnos elaborarán pezas deestilo tradicional con médula de roten. O roten é unha palmeira trepadoraespiñenta que crece nas zonas tropicais e que se explota polo seu taloflexible. Os alumnos deberán traer un set con ferramentas básicas composto por:navalla, tesoiras de podar, un punzón e un flexómetro.

3, 4, 6 e 7 de outubro:

- Cestaría devimbio, cesta dos cogomelos: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00 ás 14:00 h.Número de alumnos: 10 Prezo: 10 euros

Neste taller de 20 horas os alumnos elaborarán cestastradicionais en vimbio para a recollida de cogomelos. Os alumnos deberán traerun set con ferramentas básicas composto por: navalla, tesoiras de podar, unpunzón e un flexómetro.

10, 11, 13, 14 de outubro:

- Cabanas devimbio: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00 ás14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 10euros

Neste curso de 20 horas os alumnos construirán cabanas deforma circular e dunha altura aproximada de metro e medio, elaboradas convimbio. Os alumnos deberán traer un set con ferramentas básicas composto por:navalla, tesoiras de podar, un punzón e un flexómetro.

Do 17 ao 21 de outubro:

- Cestaría de vimbio,cul de queixal e nó celta: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venresde 9:00 ás 14:00h. Número de alumnos: 10 Prezo: 12,5 euros

Neste curso de 25 horas os participantes elaboraránbandexas con diferentes técnicas e outros entrelazados, nó celta e de cul dequeixal, con distintos vimbios, tamaños e remates. Os alumno deberán traer unset con ferramentas básicas composto por:

navalla, tesoiras de podar, un punzón e un flexómetro.

Do 17 ao 26 de outubro:

- Feltro técnicasbásicas: na Aula 2 (Pavillón 5). Horario: de luns a venres de 9:00 ás 14:00h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste taller de 40 horas os alumnos introduciranse nascaracterísticas, volume, reservas, indumentaria tipos e formas da lá.

Do 17 ao 28 de outubro:

- Tear de alto lizo: na Aula 1 (Pavillón 5). Horario: de luns a venres de16:00 a 20:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste curso de 40 horas achegaranse ao tecido en altolizo montando e aprendendo os puntos básicos deste tecido. Cada alumnoconfeccionará o seu tapiz e aprenderá diferentes tipos de remate.

Do 24 ao 28 de outubro:

- Cestería dereciclaxe: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres de 9:00 ás 14:00h. Número de alumnos: 10 prezo: 12,5 euros

Neste obradoiro de 25 horas os alumnos elaborarándistintas pezas de uso práctico empregando técnicas de cestería pero conmateriais de reciclaxe como papel, plásticos, cables, etc. Os alumnos deberántraer un set con ferramentas básicas composto por: navalla, tesoiras de podar,un punzón e un flexómetro

Do 17 de outubro ao 15 de novembro:

- Restauración de mobles: no Taller do moble (CENTRAD). Horario: de luns a venresde 16:00 ás 20:00 h. Número de alumnos: 8 Prezo: 40 euros

Neste obradoiro de 80 horas realizarán desmontaxe deferraxes, decapado con aire quente, reparacións de ebanistaría, tratamentoscontra a couza, tinguidura da madeira e remates.

Do 17 de outubro ao 29 de decembro:

- Escultura, tallae ornamentación na luthería: Horarios: de luns a venres de 10:00 ás 13:00h. Número de alumnos: 8 Prezo: 75 euros

Este curso de 150 horas está orientado a profesionais ouamateurs do sector que desexen mellorar ou perfeccionar a súa técnicaconstrutiva, deseño, talle e ornamentación na área da escultura. Así como, asúa diferenciación técnica, estilística e volumétrica.

2,3 e 4 de novembro:

- Construción depequenas pezas con fibras vexetais: na aula do Río Rato. Horario: de martesa venres de 9:00 ás 14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 7,5 euros

Neste curso de 15 horas os alumnos construirán pezasartísticas utilizando materiais do entorno con técnicas da cestaría. Os alumnosdeberán traer un set con ferramentas básicas composto por: navalla, tesoiras depodar, un punzón e un flexómetro

Do 2 ao 15 novembro :

- Feltro (outros obxectos): na Aula 2 (Pavillón 5). Horario: de luns a venres 16:00a 20:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste taller de 40 horas os participantes introduciransena técnica de feltro, a súa aplicación en elementos cotiáns, con conceptocontemporáneo, a fibra de lá e as súas características. Tamén obterán emanipularán a fibra, e realizarán feltros desenvolvendo diferentes formas eobxectos

7, 8, 9, 10 de novembro:

- Cestaríatradicional galega, cesto de muros: na aula do Río Rato. Horario: de luns avenres de 9:00 ás 14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 10 euros

Neste taller de 20 horas os alumnos realizarán un cestode forma invertida, e dicir, terminando pola base. Os alumnos experimentarán ométodo de facer un cesto ao revés por medio da “cabaceira” ou táboa con buratossobre a que se realiza a maior parte do cesto. Todos os participantes deberántraer un set con ferramentas básicas composto por: navalla, tesoiras de podar,un punzón e un flexómetro.

Do 9 ao 29 de novembro:

- Gravado: notaller do libro (CENTRAD). Horario: de luns a venres 16:00 a 20:00 h. Número dealumnos: 8 Prezo: 30 euros

Neste taller de 60 horas os alumnos introduciranse nasdiversas técnicas de gravado para despois levalas á práctica: esmaltografía,mezzotinta e estampación. Conceptos básicos do gravado en relevo e oco: aplaca, as ferramentas e o sistema de impresión. Preparación de placas, matricese método de transporte de debuxos á placa. Equipo, ferramentas e materiais parao gravado e impresión. Técnica de gravado en relevo sobre placa de linóleo. Técnicade punta seca sobre placa de zinc o acrílico.

11, 14 e 15 de novembro :

- Construción de bandexas: na aula do Río Rato. Horario: de martes a venres de 9:00ás 14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 7,5 euros

Neste curso de 15 horas os participantes Construción dedistintos tipos de bandexas en vimbio. O alumnos deberán traer un set conferramentas básicas composto por: navalla, tesoiras, un punzón e un flexómetro

Do 14 ao 29 de novembro:

- “Aprendo a bordar con pedrería”: no pavillón 5 do CENTRAD. Horario: de luns a xoves de10:00 ás 13:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 18 euros

Neste curso de 36 horas os participantes comezaránfacendo pequenos debuxos para tratar de ter un trazado firme, e despois pasaloá tela. Tamén realizarán un pequeno mostrario e por ultimo cada alumno traeráunha peza para bordar

Do 16 ao 25 denovembro:

- Cestaría artística: na aula do Río Rato. Horario: de luns a venres 9:00 ás14:00 h. Número de alumnos: 10 Prezo: 20 euros

Neste taller de 40 horas os alumnos elaborarán distintaspezas para a decoración, a forma será libre segundo os gustos dos alumnos,serán pezas dun tamaño medio, e utilizarase vimbio e outras fibras vexetais. Osalumnos deberán traer un set con ferramentas básicas composto por: navalla,tesoiras de podar, un punzón e un flexómetro.

Do 21 de novembro ao 13 de decembro:

- Talla de madeira: no taller do moble (CENTRAD). Horario: de luns a venres16:00 a 20:00 h. Número de alumnos: 8 Prezo: 30 euros

Neste taller de 60 horasos participantes coñecerán os distintos tipos de madeira para a talla e asferramentas básicas para a elaboración dun primeiro proxecto en tallacincelada, xeometría ou punta de diamante. Marcado, trazado, afiado e asentadodas ferramentas e posturas normais para comezar a traballar serán temas quetamén se traten

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org