Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

“Artesanía en curso” levará obradoiros, cursos e demostracións artesanais a todas as comarcas lucenses

O programa lanzado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo conta cun orzamento total de 35.000 €
“Artesanía en curso” levará obradoiros, cursos e demostracións artesanais a todas as comarcas lucenses

Xosé Ferreiro presentou esta mañá o programa “Artesanía en curso”, unha nova proposta da Área de Cultura da Deputación de Lugo, que a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) quere levar a todas a artesanía a todas as comarcas lucenses. Xunto a el estivo tamén Esther López, responsable técnica do programa.

O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo destacou “a democratización e transparencia que este programa supón”, destacando que “son actividades abertas ao público en xeral, que poden solicitar Asociacións e Concellos”. Ferreiro sinalou tamén este novo programa “segue a liña de traballo que mantemos na Área de Cultura, realizando unha programación cultural de abaixo cara arriba, sendo as propias Asociacións e Concellos quen deseñan as accións a levar a cabo”.

As bases do programa “Artesanía en curso” sairán publicadas mañá xoves, 2 de xuño, no BOP, momento a partir do cal as Asociacións sen ánimo de lucro, ANPAS e Concellos da provincia de Lugo poderán realizar as súas solicitudes. No que atinxe aos cursos e obradoiros, establécese un prazo de solicitude de 20 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación das bases no BOP. Así mesmo, as demostracións poderán inserirse en feiras e outro tipo de eventos, e poderán solicitarse durante o período comprendido entre o día seguinte á publicación das bases no BOP e o 30 de novembro do 2016.

Tal e como informaron desde a Área de Cultura, as tipoloxías de cursos e obradoiros ofertados atópanse os de monicreques, coiro, tear alto lizo, macramé, xoiería en arxila polimérica, cestería, cestería de reciclaxe, ‘scrapbooking’, tapizaría, carpintaría, talla, ebanistería, traxe tradicional, encadernación, cofección e patronaxe, olaría, tear, ou fotografía, entre outros. No que atinxe ás demostracións poderánse solicitar as seguintes: coiro, olaría, cestería, cantaría, forxa, talla de madeira entre outras. “Artesanía en curso” conta cun orzamento total de 35.000 €.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org