Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

OBRADOIROS INFANTÍS “ILUSTRANDO A ROSALÍA”

OBRADOIROS INFANTÍS “ILUSTRANDO A ROSALÍA”

O Centro de Artesanía e Deseño, con motivo da celebración do día de Rosalía, o próximo 24 de febreiro, participa das actividades que a Área de Cultura ten organizadas arredor desta data. Achegar a figura e a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos e pequenas, para o seu coñecemento, é unha das actuacións que o programa de actividades recolle. 

Impartiránse 2 obradoiros dirixidos, impartidos pola Ilustradora Noemí López, con poemas de Rosalía como base, no que se darán pautas e técnicas de ilustración para interpretar o imaxinario en papel.

En total o Centrad oferta 30 prazas, 15 por cada obradoiro, que se desenvolveran en dous días, o primeiro o día 5 de marzo de 2016 e o segundo o 12 de marzo de 2016, en horario de 11:30 a 12:30 horas, orientado a nenos e nenas de 7 a 12 anos.

Prazo de inscrición.

O prazo de inscrición comezará o día 22 e rematará o 29 de febreiro de 2016. Para iso, será necesario presentar o formulario de inscrición no rexistro da Deputación Provincial de Lugo. O criterio de admisión será o de rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os nenos e nenas que non participaran en anteriores obradoiros, por orde de celebración. O formulario poderán atopalo no propio rexistro da Deputación ou descargalo dende a páxina web do Centrad, www.centrad.org e tamén na páxina web da área de cultura.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org