Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL 2015

Un ano máis, o Centro de Artesanía e Deseño quere celebrar estas festas do Nadal, achegando a artesanía aos máis pequenos cunha programación de obradoiros infantís.

OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL 2015

Estamos a seguir na liña de achegar a nosa cultura e tradicións artesanais á infancia. Pretendemos impulsar o noso traballo e dedicación preservando e promovendo a artesanía tradicional; é por iso que os propios mestres artesáns do Centrad serán os encargados da impartición destes obradoiros.

Os 6 obradoiros que se ofertan, cada un con dúas edicións, están centrados nos talleres artesanais do propio centro: traxe tradicional, moble artesán, tapicería, instrumentos musicais, libro e cestería.

En total o Centrad oferta 60 prazas, 15 por cada obradoiro, que se desenvolveran en dúas quendas, o primeiro do 21 ao 23 de decembro e o segundo entre o 28 e o 30 de decembro e o horario será o mesmo para todo os cursos: de 9:00 a 14:00 horas, cun descanso de 11:00 a 11:30 horas, durante o que poderán repoñer forzas co almorzo que traian de casa os que así o desexen.

Prazo de inscrición.
O prazo de inscrición comezará o día 10 e rematará o 16 de decembro de 2015. Para iso, será necesario  presentar o formulario de inscrición no rexistro da Deputación Provincial de Lugo. O criterio de admisión será o de rigorosa orde de inscrición. O formulario poderán atopalo no propio rexistro da Deputación ou descargalo dende a páxina web do Centrad, www.centrad.org

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org