Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidad

CONFERENCIA DE JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO NA CAPELA DE SANTA MARÍA.

CONFERENCIA DE JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO NA CAPELA DE SANTA MARÍA.

Hoxe, día 3 de decembro ás 8 da tarde na Capela de Santa María, terá lugar unha conferencia impartida por JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO, Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, autor de numerosas obras entre as que destacan “As Romaxes da Terra Cha” 1982, “Religiosidad popular en el Municipio de Begonte” 1991, “Exvotos e rituais nos santuarios lucenses” 1996. Ademáis ten publicados numerosos artigos relacionados coa antropoloxía, etnografía e historia galega en diferentes revistas e boletíns.

Con este acto remata a exposición “O Caos Sensible“do artista lucense Joaquín García Gesto. Esta obra constitúe, dende unha visión personalizada e abstracta mediante os diferentes óleos e fotografías, unha viaxe metafórica por un río.

Toda esta cultura da auga tivo o reflexo na arte. A expresión artística foi o camiño polo cal as culturas expresaron as súas vivenzas, sentimentos e emocións. Para dita creación utilizáronse diferentes técnicas e ferramentas , dentro das cales a auga xogou un importante papel , non só polo que representa , senón tamén como fonte de inspiración e elemento de traballo para a creación artística.

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org