Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Actualidade

O esplendor da natureza, xénese das 25 pinturas que compoñen a nova exposición do CENTRAD

- Gómez Besteiro e Regina Polín inauguraron a mostra Desde el fondo del alma, que reúne as creacións da pintora luguesa Loly Felpeto
- A mostra permanecerá aberta ata o 8 de marzo no pavillón 4 do CENTRAD no horario habitual: de luns a venres, de 09:00 a 19:00 horas. A entrada é gratuíta

O esplendor da natureza, xénese das 25 pinturas que compoñen a nova exposición do CENTRAD

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, inauguraron este xoves a nova exposición do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), “Desde el fondo del alma”, unha mostra que, por primeira vez en Galicia, reúne as creacións da pintora luguesa Loly Felpeto.

No acto de presentación, no que tamén estivo presente o comisario da exposición, Dositeo Cela, e a propia pintora, o Presidente destacou que se trata “dunha gran oportunidade para difundir o atractivo do patrimonio medioambiental non só da nosa provincia, que inspirou algunha das pinturas, como as da Ponte Vella de Rábade, senón en xeral; así como da súa valía como alternativa de futuro”. Gómez Besteiro subliñou ademais o compromiso do organismo provincial cos “valores paisaxísticos, ecolóxicos e etnográficos”, ao tempo que lembrou a aposta da Deputación e do CENTRAD polo traballo dos artistas da provincia e en prol da cultura luguesa e galega.

25 composicións pintadas “dende o fondo da alma”
O pavillón 4 do Centro de Artesanía e Deseño, centro dependente da Deputación, acolle estra mostra, que recolle 25 pinturas de paisaxes realizadas con diferentes técnicas, sendo a  máis empregada óleo sobre lienzo. Entre as pinturas que se poden ver, destacan dúas creacións da Ponte Vella de Rábade (unha que representa a ponte antes de ser restaurada e outra despois da rehabilitación), creacións moi significativas para a autora, pois pintou a través de indicacións do seu marido, nado nesta localidade. Nesta mostra tamén se poden observar paisaxes mariñas, de pobos ou de cidades, todas elas pintadas dende o fondo da alma de Loly Felpeto.

Horarios da exposición
Desde el fondo del alma permanecerá aberta ata o 8 de marzo no pavillón 4 do CENTRAD no seu horario habitual: de luns a venres, de 09:00 a 19:00 horas. A entrada é de balde.


Imáxes

O esplendor da natureza, xénese das 25 pinturas que compoñen a nova exposición do CENTRAD

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org