Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD
Inicio » Boletín artesán

Convocatoria de comunicacións para o congreso da academia de cerámica

Con motivo do  47º Congreso e Asemblea Xeral da Academia Internacional da Cerámica (AIC)  organízase un encontro de expertos internacionais para analizar o papel da cerámica, a súa relación coa arquitectura e  espazo público. O congreso  organízao a Asociación de Ceramistas de Cataluña e terá lugar no Disseny HUB de Barcelona os días 12, 13, 14 y 15 de setembro de 2016, quedando reservado o día 16 para unha ruta polos diversos lugares de interese cerámico de Cataluña.

No Congreso  analizaranse fundamentalmente tres aspectos:

1.       Arte e natureza: a arquitectura modernista e a cerámica

2.       Arquitectura contemporánea e cerámica: sostenibilidade

3.       Cerámica e espazo público: visión urbanística, artística e antropolóxica

O encontro contará coa presenza de prestixiosos expertos internacionais que participarán nas sesións plenarias compartindo ideas e experiencias para promover a reflexión e o debate. As linguas de comunicación durante o congreso serán castelán, catalán, francés e inglés.

Dende a organización invitan aos interesados a participar no  congreso propoñendo comunicacións. As propostas  enviaranse por correo electrónico, solicitando confirmación de lectura, ao academic-aic2016@ceramistescat.org. Estas comunicacións terán unha duración de 15 minutos de exposición cada unha, que darán paso a 5 minutos de preguntas e diálogo co público. Enviarase primeiro un resumen (máx. 250 palabras) nun dos idiomas do congreso, así como un breve CV (máx. 150 palabras) antes do 30 de xaneiro de 2016.

Nunha segunda fase, e previa aceptación da proposta polo Comité Científico,  procederase a presentar a comunicación completa antes do 6 de marzo de 2016 (entre 3.500 y 4.000 palabras). Confirmarase a aceptación desta proposta e a súa incorporación no programa do Congreso antes do 31 de marzo de 2016.

Máis información: www.aic-iac.org

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org