Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD
Inicio » Boletín artesán

Convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, ...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, publicou no DOG de 30 de decembro de 2015, as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Para os titulares de obradoiros artesanais subvencionarase o 50% (respetando os máximos establecidos nas bases) de:

- Sistemas de etiquetas intelixentes.

- Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do obradoiro e o deseño dos seus produtos.

- Desenvolvemento e implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.

- Páxinas web comerciais.

- Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 18 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2016.

As bases pódense consultar aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-281215-0005_gl.pdf

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org