Deputación de Lugo
Fondo cabecera CENTRAD

Obradoiro de Instrumentos Musicais

O Obradoiro-Escola de Instrumentos Musicais Galegos se crea en 1951 a proposta do filántropo lucense Antonio Fernández López, e co apoio da Deputación de Lugo que cede un local baixo o Paraninfo do pazo provincial.

Comeza a súa andaina da man do artesán Paulino Pérez e o asesoramento do estudioso Faustino Santalices. Dende a súa creación se orienta cara a construcción, recuperación e revitalización de instrumentos do patrimonio musical Galego e a formación de mestres artesáns.

Destacan os proxectos multidisciplinares do Pórtico da Gloria, Pazo de Xelmírez, Alfonso X ou Leonardo de Vinci e os maletíns didácticos.

En 1983 se crea a Escola de Gaitas e Zanfonas sendo a primeira experiencia en Galicia que combinou o ensino do instrumento co solfexo para pasar a formar parte da banda de gaitas, formada por 25 músicos percorreron numerosas localidades de Galicia, España e doutros países cunha importante participación en programas de difusión televisivos.

Desde 1995 o obradoiro esta integrado no centro de Artesanía e Deseño.

Visita Virtual
Visita Virtual


Contenidos relacionados

Información sobre el documento

Centro de Artesanía e Deseño
Travesía da Rúa Chantada s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 21 00 66
E-mail: info.centrad@deputacionlugo.org